martes, 30 de noviembre de 2021

Nun mercado persa, Ketèlbey

O alumnado de 3º EP estivo traballando con esta audición, Nun mercado persa, de Ketèlbey

Partimos dun conto musicado onde van aparecendo distintos personaxes (mercadores, a princesa Nadima e o seu séquito, Ahmed e Mariam, os encantadores de serpes, o sultán...)

Proxecto Tiroliro

Logo cantamos a canción, coa letra do noso proxecto Tiroliro, adaptada en galego, e traballamos coa partitura (compás de dous por negra, figuración, notas que aparecen re-mi-sol-la-do´), coa que repasamos moitos contidos que xa sabemos de linguaxe musical.

Finalmente cantamos, tocamos con placas e gravamos o resultado.

Temos que seguir practicando e mellorando, pero aquí vos ensinamos un pouquiño do noso traballo.

viernes, 26 de noviembre de 2021

Whacky Cha Cha

Para taballar todas as notas da escala empregamos esta canción de Don Lu, e fixémola con metalnotas, posto que non dispoñemos de xilófonos completos para todos. Con esta canción repasamos normas básicas para tocar placas: a maneira de coller as baquetas, como golpear sobre a placa...

 

Agardamos que vos guste! Nas próximas sesións iremos complicando a canción.  

martes, 23 de noviembre de 2021

Audición activa

En 6º de primaria estivemos traballando con esta audición, Obertura de Guillerme Tell, do compositor Gioachino Rossini

Para saber máis deste compositor (anécdotas e curiosidades da vida e obra), pulsa enriba da súa caricatura.

Para facer máis doado o traballo, na primeira escoita visualizamos o musicograma que nos presenta o noso proxecto Tiroliro, para logo acompañala con percusión corporal, axudados dun vídeo, co que traballamos as diferentes partes da obra, ademáis de fixarnos nas indicacións de intesidade (mp, mf, f...)

Musicograma Guillerme Tell, de Rossini.
Tiroliro

viernes, 12 de noviembre de 2021

Clap clap song!

Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil bailamos e acompañamos esta canción con folios de cores. Traballamos a atención, o ritmo, e o movemento, ademais de pasalo xenial!

jueves, 11 de noviembre de 2021

Audición activa: o reloxo sincopado

En 2º de Primaria traballamos con esta audición de Leroy Anderson, chamada O reloxo sincopado

 

Acompañamos con caixas chinas e triángulos e como esta audición non ten letra, collimos esta tan chula do proxecto TIroliro.

Aquí vos queda para seguir practicando (podedes buscar por casa sons que sonen parecidos a estes instrumentos).

viernes, 5 de noviembre de 2021

O compás de 3/4

Para vivenciar o traballo dos compases, estamos empregando pelotas de tenis. Para o de 3/4 empregamos este vídeo estupendo de Nerea Seijoso, con músicas de diferentes estilos e épocas.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

A figueira de Pelostortos

Pasou o Samaín e aquí vos deixamos unha canción dun conto que nos encanta, Pelostortos. Agardamos que vos guste moito!

jueves, 28 de octubre de 2021

Skeleton Dance - Pequena percusión de Samaín

Aproveitando que chega o Samaín empregamos este musicograma para  acompañar ao esqueleto con 4 instrumentos de pequena percusión.
Fixemos grupiños e relacionamos cada instrumento con un sinal.

miércoles, 20 de octubre de 2021

FÓSILES

 Achégase Samaín e en Infantil estamos traballando con esta audición do compositor Camille Saint-Saëns, chamada Fósiles.

É unha composición onde sae o clarinete, xilófono, piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo. É divertida e humorística. Os fósiles son animais petrificados, por iso compositor quixo buscar un son que semellaran os ósos dos fósiles, e para iso empregou o xilófono, co que comeza a audición.

martes, 5 de octubre de 2021

Xogo de notas: do grave - re agudo

Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol. 

Cal vos gusta máis? A por elas!


jueves, 30 de septiembre de 2021

Dinámica con ovos musicais

 Na clase de música estivemos traballando esta dinámimca con ovos musicais en varios cursos. 

Neste vídeo podedes ver ao alumnado de 5º de Primaria. Para facelo correctamente, precisamos concentración, traballo en grupo, coordinación, atención... todo isto necesario en toda actividade musical. 

E levan o ritmo bastante ben, non credes?

martes, 21 de septiembre de 2021

Wellerman - Hermoti

Os de 6º estivemos traballando con esta canción na clase. Ademais fixemos os acompañamentos con percusión corporal. Déixovos a letra para poder cantala de novo dende a casa, mais os vídeos da canción e da percusión corporal de Nerea Seijoso.